Lista de políticas activas

Nombre Tipo Consentimiento del usuario
Política de privacidad Política de sitio Todos los usuarios

Resumen

O Responsable do Tratamento dos datos de carácter persoal é Confederación Sindical de CCOO, CIF: G28496131 e domicilio en r/ Fernández de La Hoz, 12 - 28010 (Madrid).

CCOO está lexitimada para o tratamento dos datos persoais, sobre a base do recollido no artigo 9.2.d do RXPD.

Podes contactar connosco a través de http://www.ccoo.es/Contacta Contacto correo electrónico Delegada de Protección de Datos: dpd@ccoo.es.

Política completa

1.RESPONSABLE

O Responsable do Tratamento dos datos de carácter persoal é Confederación Sindical de CCOO, CIF: G28496131 e domicilio en r/ Fernández de La Hoz, 12 - 28010 (Madrid). Podes contactar connosco a través de http://www.ccoo.es/Contacta Contacto correo electrónico Delegada de Protección de Datos: dpd@ccoo.es 

2.Finalidade do tratamento

Informámoste de que a finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais que voluntaria-mente nos facilitas, a través dos distintos formularios postos a disposición das persoas interesadas, responden, segundo o caso concreto, a:

  • Manter contacto regular mediante canles de comunicación, incluíndo correo electrónico, sms e redes sociais, sobre temas que constitúen a actividade lexítima.
  • Recibir os nosos comunicados, publicacións e boletíns electrónicos.Xestionar e atender as solicitudes de información, as consultas, dúbidas e suxestións que nos poidas formular a través dos diversos medios de contacto postos ao teu dispor.
  • Xestionar os servizos ou actividades, actos ou eventos organizados polo sindicato.
    Coñecer a opinión a través de enquisas.

Ademais, en cada un dos tratamentos facilitarase información detallada sobre a finalidade, segundo o caso. 

3.LEXITIMACIÓN

CCOO está lexitimada para o tratamento dos datos persoais, sobre a base do recollido no artigo 9.2.d do RXPD, que lexitima o tratamento para o desempeño da actividade como organización sindical, no ámbito das súas actividades lexítimas e coas debidas garantías, sempre que o tratamento se refira exclusivamente aos membros actuais ou antigos ou a persoas que manteñan contactos regulares con eles en relación cos seus fins.

Tamén, CCOO está lexitimada para o tratamento de datos persoais, sobre a base do consenti-mento outorgado polo interesado para un ou varios fins específicos, tal e como recolle o artigo 6.1.a, ao cubrir os formularios e marcar a casa habilitada para tal efecto. Podes consultar as bases lexitimadoras dos diferentes tratamentos na información ampliada. 

4.DEREITOS DOS USUARIOS 

En todo caso poderás exercitar os dereitos que te asisten, de acordo co Regulamento Xeral de Protección de Datos, e que son os seguintes: 

  • Dereito a solicitar o acceso aos datos persoais. Este dereito consiste en obter información sobre se en CS DE CCOO estamos tratando os teus datos ou non e, en caso afirmativo, o acceso á información dos datos e prazo de tratamento, así como os fins e destinatarios.
  • Dereito a solicitar a súa rectificación no caso de que os datos sexan inexactos ou incompletos.
  • Dereito á supresión dos teus datos cando, entre outros motivos, estes xa non sexan necesarios para os fins para os que foron recollidos.
  • Dereito a solicitar a limitación do seu tratamento. Este dereito consiste en que obteñas a limitación do tratamento dos teus datos que realiza o responsable.

Poderás exercitar tales dereitos mediante unha solicitude acompañada dunha fotocopia do teu DNI, especificando cal destes solicitas que sexa satisfeito, e remitida á dirección: Confederación Sindical de CCOO, Delegada de Protección de Datos, r/ Fernández de la Hoz 12, 3.ª Planta, 28010 Madrid, ou ao seguinte enderezo de correo electrónico: dpd@ccoo.es

En caso de considerar vulnerado o teu dereito á protección de datos persoais, poderás interpoñer unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es).